Faladeiros
O xornal do CEIP A Rúa
Últimas publicacións

Ósos do corpo
ÓSOS DO CORPO ...

Dormen as formigas?
O primeiro estudo sobre o hábitat do sono das formigas levárono a cabo James e Cottell en...

LIBRETA KAWAII
SÓ CON POUCAS FOLLAS!!! QUE SE NECESITA? - Follas de papel. (poden ser de calquera tipo...

Vocabulario básico del francés
Vocabulario basico del Francés...

Material da escola
Materiais da escola...

Animales
Animales...
martes, 20 de marzo de 2018
Dormen as formigas?
O
primeiro estudo sobre o hábitat do sono das formigas levárono
a cabo James e Cottell en 1983 onde tentaban descubrir o patrón do
sono dos insectos. Esta
investigación di
que as raíñas dormen 9 horas diarias, en cambio as obreiras non
dormen nin a metade, senón que o fan doutra maneira máis
intermitente; poden durmir unhas 250 sestas ao día e aproveitar
calquera ocasión para botar unha cabezadiña. Isto explicaría por
que as raíñas viven varios anos e en cambio as obreiras só uns
meses.
As
formigas traballadoras poden estar espertas e activas en calquera
momento e, ao vivir case sempre baixo a terra, non teñen o ciclo de
día e de noite; as durmidas destas incansables criaturas duran
arredor dun minuto o que fai que ao cabo do día descansen unhas 4
ou 5 horas. As raíñas aumentan o tempo por sesta ata 9 minutos. A
función do sono nestes seres segue sendo aínda un misterio.
Autoras e autor da nova: Silvia, Clara e Dani, de 5º de Primaria
luns, 19 de febreiro de 2018
LIBRETA KAWAII
SÓ CON POUCAS FOLLAS!!!
QUE SE NECESITA?
- Follas de papel. (poden ser de calquera tipo)
- Pegamento.(pode ser de calquera tipo)
- Un rotulador.
- E moita moita imaxinación.
COMO SE FAI?
- 1. Primeiro dobras as follas de papel.
- 2. Pégalas como na foto.
- 3. Colle o rotulador e a túa imaxinación e debuxa algo kawaii. E listoooo!!!
luns, 5 de febreiro de 2018
luns, 29 de xaneiro de 2018
luns, 15 de xaneiro de 2018
O mundo de Roma
Os
alumnos/as
de primeiro e segundo de Primaria
estamos traballando un proxecto moi interesante sobre Roma e as súas
caracteristicas máis importantes.
Aquí
presentamos unha edificación das máis representativas:
``Unha
torre de defensa romana´´
Esperamos
que vos guste.
ENTREVISTA
A DOUS NENOS DE 2º
-Como
empezou?
-
Fixemos equipos para pensar sobre o que queriamos saber e o que sabemos; do que sabemos fixemos un debuxo.
-
Investigamos ao que xogaban os nenos pequenos romanos:As nenas xogaban coas bonecas e os nenos con canicas de arxila.
-
Fixemos un menú romano.
-
Vimos un camiño romano feito con pedras e area. Cada mil pasos colocaban un milenio:Un milenio é un poste que pon 2.000, 3.000...
-
Que son as torres que fixestes?
-
As torres as facian os romanos para decorar.
-Para
que estudastes Roma?
-
Este ano traballamos sobre Asterix e Obelix, de aí xurdiu o proxecto.
-
Descubrimos os nomes dos personaxes, todosa os nomes que son galos terminan en ix.
-
Panoramix fai unha poción que dura 10´ .Autores/as: Adam, Marco e Nerea.
A PATACA MUTANTE
A pataca mutante vaga polo colexio de A Rúa en Cangas do Morrazo
Unha pataca mutante vagaba polo colexio A Rúa durante a noite.Cando viu que nunha clase quedaba unha profesora traballando,seguiu correndo polo cole.A mestra mirouna e chamou a policía.Apataca saíu nun coche a toda velocidade,a policía atrapouna e levárona ó cárcere.
Os gardas encerrárona na súa cela.Un pouco despois,viron que a pataca mutante estaba tola e inxectáronlle unha vacina e morreu porque non era a menciña axeitada.Ata alí chegou a pataca mutante.
Autores:Telmo,Iris,Xián.
xoves, 15 de decembro de 2016
Hai contaminación acústica nas aulas?
Os alumnos de 5º e 6º alertan sobre as consecuencias nos niveis excesivos de ruído.
![]() |
Datos obtidos en distintos lugares e momentos |
xoves, 10 de novembro de 2016
Charlando coa cooperativa Bicicleando
A cooperativa Bicicleando visita o noso colexio para informar aos nenos e nenas de 5º e 6º sobre como crear unha cooperativa.
![]() |
Un dos momentos da charla. |
venres, 4 de novembro de 2016
Os nenos/as de 5º e 6º visitan o Faro de Vigo
Escoitando como se elaboran as novas |
Os/as alumnos/as de 5º e 6º do CEIP A Rúa visitaron as instalacións do Faro de Vigo o mércores 19 de outubro para aprender a facer o seu propio xornal Faladeiros.
luns, 18 de abril de 2016
luns, 11 de abril de 2016
The Lion King
O día 7 de abril os nen@s de 5º e 6º e nen@s de outros coles foron a ver unha obra de teatro en inglés ao auditorio feita polos nenos de 6º do CEIP San Roque, chamada "The Lion King".
luns, 14 de marzo de 2016
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)