domingo, 1 de novembro de 2015

Como escribir unha nova no xornal dixital




  Se xa sabes escribir en bloguer publicar no Xornal Faladeiros vaiche resultar moi sinxelo.
Para publicar unha nova no xornal dixital débense  ter en conta:




1. Para publicar debes estar admitido como Editor. Chegará con que unha persoa por equipo sexa o Editor admitido e deste xeito usarase a conta de correo deste compañeiro ou compañeira.

2.  Premendo na incona do lapis entramos no editor de entradas:


3. Unha vez dentro do editor:

- O titular da reportaxe debe poñerse no título da entrada que está situado na parte superior do editor.

- O subtítulo e o corpo colocarémolos na parte de abaixo, reservada para o texto. Eliximos o tipo de letra, tamaño, cor adecuada, etc. Pero despois do subtítulo temos que  insertar un salto de línea.


Esta ferramenta permite que a entrada non nos mostre todo o seu contido, senón so o titular e o resumo, Para poder ler a reportaxe enteira teremos que premer no titulo ou en "Ler mais"

4 . Podemos incluír as imaxes, galerías de imaxes, vídeos, son, etc que precisemos para enriquecer a nosa reportaxe.
- Ten en conta que a primeira imaxe que poñas na reportaxe, será a imaxe que sairá na vista do resumo da páxina de inicio.

5. No apartado de "Etiquetas" debemos poñer unha ou varias das seccións do noxo xornal, asegurándose de escribilas exactamente como aparecen no menú: "Novas do cole", "Novas de fóra", "Novas inventadas", "Curiosidade", "Recuncho de Roni", "Celebracións", "Pasatempos" e "Para rematar".

6. Dalle a "Vista previa" para ver se todo está ben.

Listos estes pasos xa podemos darlle a "Publicar" e a nosa nova xa estará publicada no xornal.


Ningún comentario:

Publicar un comentario